Abstracta - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Abstracta
O termo pódese entender de dúas formas. En primeiro lugar, podemos dicir que é "abstracta" unha representación intelectual que non contén ningunha das características individuais, particulares, dun obxecto; neste sentido dicimos que os conceptos universais son "representacións abstractas" dun obxecto.

Pero tamén podemos entender por "abstracta" unha representación intelectual á que non lle corresponde ningún dato sensíbel, ningunha intuición sensíbel, e que, xa que logo, só se pode coñecer polo intelecto, xa que o obxecto ao que se refire non ten realidade empírica. Neste sentido dicimos que son representacións "abstractas" os conceptos formais, como os que atopamos na lóxica e nas matemáticas, aos que non lle corresponde ningún obxecto empírico.